Homenaxe a Rosalía de Castro (23 de febreiro): Un éxito

Onte celebramos en Ribeira un acto de homenaxe a Rosalía de Castro que sobrepasou o aforo da Casa do Pescador. Participaron na lectura Quico Cadaval, Carlos Callón, Santi Páramo, Pili Pereiro, Lola Outeiral, Elvira Blanco, Alberte Paz, Raquel Xallas, Pacucha Rey, Kate Salisbury e as nenas Uxía, Alejandra e Amara. Contamos tamén coas gaitas de … Ler máis

Altofalante repasa o 2012 e afronta o 2013

Desde Altofalante preparámonos para a entrada do 2013 con máis ilusión ca nunca, se é posíbel. Este ano que remata deixou o seu elo na nosa cadea de traballo e activamento cultural en Ribeira, comezada hai case oito anos. A muiñada de Carreira ou o premio anual Altofalante, son xa clásicos na liña de actuación … Ler máis

PREMIO ALTOFALANTE DO ANO 2011

PREMIO ALTOFALANTE DO ANO 2011. PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DA BARBANZA – Por Ser quen de facer unha fronte común na defensa da sanidade pública do noso país, máis alá de diferenzas ideolóxicas, fronte aos ataques privatizadores.– Participar activamente dando argumentos -Sanitarios, económicos e sociais- fronte os que , aproveitando a actual crise … Ler máis

Homenaxe á Galiza Mártir

HOMENAXE Á GALIZA MÁRTIR EN RIBEIRA. O acto escomenzou cunha introdución do presidente de Altofalante Xosé Antonio Vázquez Cobas . A continuación, diversos socios de Altofalante leron o poema de Luís Pimentel Cunetas, escrito en 1937 na Galiza. Léronse tamén as verbas de Castelao sobre os mártires galegos escritas en Alba de Groria. Rematáronse as … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario