1º ANDAINA FOTOGRAFICA “MUIÑADA DE AMENDO”

PROMOVE: Asociacion Altofalante e Asociacion de veciños de Carreira

BASES

PARTICIPANTES
Poderan participar todas aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos que formalicen a sua inscricion antes do dia 3 de xuño de 2011 as 20:00 horas.

INSCRICION

CATEGORIAS
A participacion debera realizarse en categoria dixital , no cal os participantes deberan entregar as suas fotos en formato de arquivo JPEG, e unha resolucion de…ppp. Entregarase a tarxeta nun sobre numerado que lles aportara a organizacion.

NORMAS E DESENVOLVEMTO DA ANDAINA

Esta actividade consiste en fotografiar unha serie de elementos fixados pola organizacion, situados na parroquia de Carreira, nun tempo maximo de 4 horas, tendo que recorrer andando a distancia entre os distintos lugares nos que se atopan os elementos a fotografiar.

# SAIDA: As 11:00 horas do dia 4 de xuño de 2011 darase a saida da I ANDAINA FOTOGRAFICA “MUIÑADA DE AMENDO” onde se informara aos participantes das dubidas que poidan surxir. Antes de esa hora deberan ter entregada a tarxeta de memoria da sua camara para comprobar que esta valeira.

# CHEGADA: O prazo para entregar a tarxeta coas fotografias rematara as 15:00.

# TEMAS: Os participantes deberan realizar 6 fotografias dos elementos que a organizacion explicara antes da saida da Andaina e que estaran representados nun mapa que se lles entregara no momento da saida.

PREMIOS
Premio a mellor serie fotografica
Premio a segunda mellor serie fotografica
Premio a mellor fotografia
Premio a segunda mellor fotografia

XURADO
O xurado de cualificacion, realizara a valoracion e seleccion das series fotograficas e das fotografias presentadas.
O organizador non participara como xurado sendo a unica persoa que tera coñecementos de quen son os propietarios de cada tarxeta.

OUTROS
A organizacion non se fai responsable do deterioro ou extravio que puidesen sufrir os arquivos dixitais.
As obras presentadas quedaran en propiedade da Asociacion de Veciños de Carreira. O/A autor/a conservara a autoria intelectual ainda que cedera en exclusiva e irrevogablemente os dereitos de reproduccion das series fotograficas e das fotografias, para a sua exposicion, publicacion ou uso en calqueira outra modalidade que a Asociacion de Veciños considere oportuna.

So poderan participar as persoas inscritas nesta Andaina.
Para calqueira dubida ou aclaracion:
correo electronico: asociacionaltofalante@gmail.com

Cargando…

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario