Altofalante repasa o 2012 e afronta o 2013

Desde Altofalante preparámonos para a entrada do 2013 con máis ilusión ca nunca, se é posíbel. Este ano que remata deixou o seu elo na nosa cadea de traballo e activamento cultural en Ribeira, comezada hai case oito anos. A muiñada de Carreira ou o premio anual Altofalante, son xa clásicos na liña de actuación da asociación. 
Cartaz da Muiñada de Amendo 2012 (Carreira)
Cartaz do acto de entrega do Altofalante do ano a Indignados Barbanza.
Cobas entregando o Altofalante do ano a Alejandro Silva, imaxe de Ramón Balvís.
Porén, tamén foi tempo de renovación. A asemblea ordinaria de Altofalante decidiu o 15 de decembro elixir directiva. Xosé Antonio Vázquez Cobas, agora portavoz do BNG de Ribeira, deixou a presidencia tras anos de traballo para ser relevado polo estudante Carlos Lixó. Canda el, entraron tamén na directiva Alberto Paz e Alejandro Ríos, remozando notabelmente o núcleo da organización.
Carlos Lixó, o novo presidente. Imaxe de Manolo Arboiro publicada en La Voz de Galicia.
Para despedir o ano e comezar a súa andaina, a recén escolleita directiva decidiu realizar unha actividade que aínda non se fixera en Ribeira: traerlle o Apalpador en persoa aos nosos nenos. Así, o 28 de decembro este ser máxico veu desde o Courel a recorrer as nosas rúas acompañado de música, alegría e doces.
O Apalpador en Ribeira, imaxe de Xosé Manoel Segade.
O Apalpador e o seu séquito, imaxe de Chechu Río.
Altofalante prepárase así para un 2013 de ilusión e traballo, coa axuda de todos vós.
Aquí tedes, como repaso, algunhas das novas do ano:

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario