Homenaxe a Rosalía de Castro (23 de febreiro): Un éxito

Onte celebramos en Ribeira un acto de homenaxe a Rosalía de Castro que sobrepasou o aforo da Casa do Pescador. Participaron na lectura Quico Cadaval, Carlos Callón, Santi Páramo, Pili Pereiro, Lola Outeiral, Elvira Blanco, Alberte Paz, Raquel Xallas, Pacucha Rey, Kate Salisbury e as nenas Uxía, Alejandra e Amara. Contamos tamén coas gaitas de Pepe Romero e Jorge Maño.

Estamos realmente moi contentos da boa acollida e do perfil tan variado da xente que participou, tanto activamente como de público. Isto énchenos de forza para seguir traballando!

Aquí vos pomos algunhas fotos, para máis, seguide a páxina “Altofalante” en facebook:

Quico Cadaval a recitar.
Amara, Uxía e Alejandra, as novas voces de Rosalía.
De esquerda a dereita: Elvira Blanco, Lorena García, Raquel Xallas, Fátima Sampedro, Carlos Lixó, Carlos Callón e Alberte Paz.
Sonia García e Kate Salisbury, co libro e a flor que regalamos.
Parte do público tivo que aguantar o acto en pé.
A actuación de Pepe Romero e Jorge Maño foi moi aplaudida

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario